martes, 15 de noviembre de 2016

MANTARAS - PORTO

Un día de fai xa uns anos, persoas achegadas decidiron, que en lugar de regalos materiais que ocupan espazo, debían pasar a regalos de viaxar que a enchen e non fai falta cambialos de sitio ata rematar gardados ou un pouco esquecidos. Este e un regaliño ao que lle sacamos un bo partido.Tal vez peque de exceso, pero solo é un pequeno número das miñas emocións, porque solamente a estación de tren de Porto xa da para unha colección.

Primeira paradiña pasada Áncora e con Santa Trega ao fondo, dende onde miréi as ondas que agora deixo atrás


Viana do Castelo moi de pasada dende o promotorio da Santa Luzía



A veces dudo sobre se o tempo de pode parar ou polo menos ralentizar






A empezar dous días intensos en Porto, cidade moi grande para unha persoa pouco viaxeira como eu e non por gusto. Ademáis de tamaño esperta en un moita sensación de vida. Loxicamente buscaremos a súa personalidade na zona vella nada do ´Douro. Namáis sair deste hotel (perfectamente ubicado para o noso fin grazas a unha boa profesional turística da familia) empezan a recrearse os ollos. Dixarei que falen as imaxes que e do que se trata.

















De esta escalinata da estación sairía o meu primeiro oleo. Esta estación teñoa como algo do mais fermoso que vin.

























Cruzando para Vilanova de Gaia nunha noite de 2º C



Aveiro, algo montado para atraer uns turistas, pero ainda que eu non coñezo Venecia, de comparacións supoño que nada.



A volta sempre é as carreiras porque hai que disfrutar as poucas ocasións. Un paseo pola praia deserta de Espiño para estirar as pernas. Cidade fantasma como moitas se lles quitan o verán.

Remate  de día en Braga antes de escalar o mapa ata Irixoa en esta mini xira de tres días, máxima aventura para moitos autónomos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario