martes, 30 de octubre de 2012

REFLEXIONANDO O VOTO NO SAN ANTON


21/10/2012
Pola mañá debo facerlle unha visita á explotación do Monte Común, o noso monte, noso de todos. Os gatos, que teñen que defendernos dos ratos, obrouse un miragre neles, cando os levei cansaronse de trabarme nas mans. Agora son mansiños e cariñosos. Eles están vixiantes contra calquera perigo e quenes imos por alí non o somos.


Logo de dialogar cariñosamente cos gatos, damos de comer aos xatos que están expectantes. Boa comida para que fagan boa carne.


Pasasolles revista aos seus traseiros por ver como van.Ben, equilibrados, nin monstruos nin gaitas


Miro desde outro ángulo buscando mais luz. Un mes máis e listos para a venta. Un mes mais e decepción polo prezo que nos van ofertar.


Os circulos dos bolos de herba seca compoñen un mural coa axuda da luz que entra, tenue, polo teito


 Os gatos buscan unha posición onde exibirse e acicalarse

Poñense en poscición e dinche: anda fai outra foto que estamos moi lindos.

Fora, vixiar o gando, e un pretesto para dar un paseo e respirar fondo. Os touros, comprenderon que o traballo e disfrute e para compartir e non pelean, pasean xuntos, maxestuosos

O ceo e hoxe fermoso, limpo, moito mais limpo que esa política que teño que axudar a facer votando, participando no sistema.


Unha vaca ten a vista perdida, pacifica. Todo o contrario que se percibise algún perigo para a súa cría. A súa mirada sería unha flecha mortifera y eu non me atrevería a pasar ao seu lado, pero non en ganaría, fariate    saber o que non podes facer.

Disfruto da mestura de árboles e gado, algo que non entenden ben os nosos supervisores europeos, que pouco mais admiten que unha cousa ou outra, inducindo moitas veces a verdadeiras desfeitas das que nos y a natureza que ocupamos somos víctimas

Mai e filla lámbense alleas a que en breve teñen que separarse.






Os touros deitaronse a remoer ou a reflexionar, non o sei


Ainda que as incluo aquí, as que siguen son do día 28. Todo pasou. As eleccións desilusionarón, de esta vez un pouco máis. Pero hai que seguir, como sigue o traballo no Monte: clasificar para cebo, para venta....
Este becerro non sabe poñerse a mesa igual que algúns humanos. Por querer todo para si pisa e caga na comida. Cómo algúns políticos?


As separacións son traumáticas e trístes, pero hai que migrar


Unha derradeira ollada ao horizonte para que non esmorezan os soños.
Que fermosa podía ser a vida!