sábado, 6 de agosto de 2011

SOÑANDO CON GALIZA

Logo dun longo día de traballo, un bo pago é subir unha horiña a Santa Trega, para durmirse soñando con Galiza, porque calquera serán é fermoso e este é máxico. Síntese grandeza de pais e cando se comparte alí arriba con alguén ainda impresiona máis. Mirar xeira ao Atlantico, xeira ao Miño ca dúbida de se trae algo ao mar ou si leva o mar terra adentro fai voar a imaxinación.