miércoles, 14 de marzo de 2018

VAL DO SILENZO 1. PONFERRADA

O día un de decembro do dous mil quince cumplín sesenta anos. Sabendome seguidor de Los Suaves regaláronme dúas entradas e unha estancia en Ponferrada para escoitalos. Aquela noite fría do trece de decembro con Yosi entregado ao público e a un vaso de tubo. rematou co concerto suspendido cerca do remate cando o eterno poeta se lanzou sobre os seus fans pero dou cos seus osos de "Pardao" nas vallas de seguridade. As suas letras cantan heroes caídos. Ao día seguínte cambio de ritmo:aire frío e puro no val onde o ermitaño fixo calar o río na súa entrega de asceta. Eu en cambio intentei que os meus sentidos percibiran con toda intensidade os estímulos da Natureza. Deixo unhas imaxes por se para alguén son un estímulo na súa vida.




















lunes, 8 de enero de 2018

ASTURIAS DE NOVO

Un fin de semana en Asturias sempre é un bo plan empeces por onde empeces. De esta entramos polos Oscos con destino a Xixón. Ao escribir esto lembro que non estaría ter a man unhas notas de viaxe ou telo feito aos poucos días para apoiar sa fotos con unhas verbas. En todo caso nada como vivir en situ as emocións que provoca esa terra veciña. Fotos tomadas entre o 31 de outubro e o 2 de novembro do 2015, polo tanto en este caso non son de diario.






















Recomendable unha visita a Universidade Laboral de Xixón e meditar porque estivo a punto de sucumbir a piqueta para especular cos terreos. Para recuperarse de esta disquisición da estulticia humana, que aquí non callou, nada mellor que un xantar rico i económico no comedor da escola de hostelería de este lugar,